- Género musical Rock
- Aforo 150 personas
- Teléfono +34 986 322 569
- Web Ir a la web
- Twitter Ver en Twitter
- Facebook Ver en Facebook
O Aturuxo atópase no centro de Bueu, a carón da zona coñecida como As Lagoas. Desde hai varios anos este local leva enchendo de música as noites da vila, achegando ao Morrazo grupos de sona estatal e internacional e tamén acollendo as propostas musicais da mocidade da bisbarra. O Atu, como se lle coñece popularmente na vila, é máis que unha sala de música e o seu escenario está aberto a todo tipo de expresións artísticas.
É un lugar no que desfrutar tanto dun café á primeira hora da tarde como dun gin-tonic nos momentos máis tardíos do día. Nas tardes e noites de verán, a terraza convírtese nun bo lugar para pasar as horas baixo o sol ou baixo un ceo cuberto de estrelas. Polo fío musical soa rock, pop, jazz, folc…
O Atu conta con diversos espazos: sofás a carón da estufa na parte de abaixo, futbolín no piso de arriba, unha pequena biblioteca… Grazas aos anos que este local ten de traxectoria, nel danse cita diversas xeracións que gostan do seu ambiente, sendo un punto de encontro para aquelas persoas que gostan da boa música e dos lugares libres de convencionalismos.
Aún no hay publicaciones disponibles
- Género musical Rock
- Aforo 150 personas
- Teléfono +34 986 322 569
- Web Ir a la web
- Twitter Ver en Twitter
- Facebook Ver en Facebook
Publicaciones