profile

Kérkennai

Valoración Linkmusic:

MODERADO

1 visualizaciones hoy

600 visualizaciones totales

  • Me puedo mover de ciudad para tocar
  • Tengo equipo propio
  • Conciertos al año 10 a 20
  • Aforo medio 100 a 150 personas
  • Edad media del público 35 a 45 años
  • Tiempo del repertorio 1 hora y media

Na Baixa Limia, no sur da provincia de Ourense, o Rio Limia, o mitico “Lethes“ da antiguedade,atravesa terras que foron fogar dos primeiros poboadores de Galicia. Un deses primeiros pobos celtas foron os Querquerni ós que os invasores romanos puxeron nome ao viviren rodeados de carballos (Quercus).

Foi nese entorno natural onde en 1999 se formou o grupo KÉRKENNAI

Dende entón ate hoxe, diferentes compoñentes teñen aportado o seu xeito de entender a música e deixáron a sua particular pegada na esencia e son do grupo.

Un son que sen afastarse dos propios da tradición galega, tenta nas suas composicións propias, mesturar ese legado e influencias para ter unha visión cosmopolita e achegarse a chamada “World Music”.

Coa edición dos discos “VIA NOVA” (2003) e “NAS BEIRAS DE LETHES” (2007) e a paticipación nas bandas sonoras das curtametraxes “ESQUECIDAS” (2007) e “O LIMIA, EL RIO DEL OLVIDO” (2008), KÉRKENNAI ten levado a sua proposta músical por diferentes festivais i escenarios; Dende os comenzos coa participación en espazos coma os do “Claustro Barroco” na vila de Celanova, ate o “Castelo de Cadiz” ou o auditorio de Sanlucar de Barrameda. Dende a “Fiesta Goyesca” de Piedrahita (Avila), pasando por vilas portuguesas como Ponte da Barca, Montalegre ate Lisboa. Por festivais e programacións culturais nas vilas galegas, e tamén participando en programas como “Artistas en Ruta” da “Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejecutantes” (AIE) dentro do apartado: Folk/novas músicas, por todo o Estado.

Mais recentemente,a inesquencible actuación nas “Festas do Apóstolo en Compostela” (2009),na “Feira do Marisco en Alcobendas” –Madrid (2011) a participación na Exposición “Na Frente Unha Estrela” na “Casa de Curros ” en Celanova (2011) asi como na inauguración do Auditorio AMIC na vila Celanovesa (2011). En Outubro de 2011 emitese un concerto en directo grabado para a Radio Galega.

En 2012 a colaboración co “Instituto Cervantes”, representando a música de Galicia,con concertos nas cidades de Tanger,Tetuán e Rabat en Marrocos, asi como seren invitados a participar no “Festival Interceltico de LORIENT” na Bretaña. Para finalizar voltando a Praza da Quintana no “Festival Folk do xornal La Voz de Galicia”.

A finais dese mesmo ano 2012, editase pola compañia "KELTIA MUSIQUE" un CD recopilatorio do FIL (Lorient) no que participan xunto con outros artistas da cultura celta.

Na primavera de 2013 sae o seu 3º disco "UN SOÑO COTIÁN DE BOLBORETAS". Nel colaboran grandes artistas da música galega, como: Uxía, Pablo Díaz, Pedro Pascual, Pablo Condo, Ariel Ninas, María Moruja, e inclue un texto do escritor Delfín Caseiro.

Foi presentado en lugares tan dispares como o “Museo da Limia” ou o “Festival Intercéltico de Occidente (FIDO) Asturias.

Un Soño Cotián de Bolboretas” foi nominado no apartado de “mellor disco folk”, nos XIII Premios Opinión. (2014) No Outono de 2014, presentan o proxecto audiovisual (curta-clip) “XAN DAS CONGOSTRAS”, baseado nun mítico personaxe “arraiano” do seculo XIX.

Todos estes lugares e outros non menos importantes, deixaron moito en nos e xa son parte integrante da nosa “equipaxe sonora”

Publicaciones

Aún no hay publicaciones disponibles

Vídeos

Roseira (con Manuel de Eva)

valorar

El grupo Kérkenai, de Galicia, nos deleita en otra velada de Murallón Folk con un excelente concierto


valorar

Vídeoclip do grupo galego Kérkennai, baseado na historia do mítico bandoleiro.
Unha fermosa lenda dende terras arraianas.



valorar

Una antigua leyenda gallega dice que el río Limia hacía perder la memoria a quien lo cruzaba. Décimo Junio Bruto, jefe las tropas romanas, estaba ante ese río y por el temor de sus soldados, decidió cruzarlo y llamar desde la otra orilla uno a uno por su nombre a sus soldados.

Muchos años después la leyenda se mantiene viva en la mente de Carmiña, una joven que vió marchar a su amor de juventud y nunca lo superó. El río es su único consuelo y la esperanza de que algún día aparezca su amor por ese puente legendario que lo cruza.

Realizada en Ourense durente cinco intensos días de rodaje en mayo.



valorar